É, sen dúbida algunha, un dos referentes da hostalería compostelá. Situado na emblemática rúa de San Pedro, en pleno Camiño de Santiago nunhas antigas cabaleirizas. O Dezaseis logra converter ós clientes en amigos e a comida nun placer ó alcance de moitos, de todos aqueles que baixan os centenarios chanzos deste fermoso local. O seu nome, Casa de Xantar, non deixa lugar ás dúbidas; estamos nun establecemento onde comer implica algo máis que alimentarse, que gozar dun bo prato; é unha forma de volver a aquelas comidas de antes, cociñadas paseniñamente ó calor da amizade e do bo facer.

Funciona de luns a sábado de 14.00 a 16.00 h e de 20.30 a 24.00 h e, ademais do famoso polbo á grella, ofrece multitude de pratos nos que o protagonista é o producto galego pero a súa preparación deixa un oco para a imaxinación ou a experimentación que agradecen tanto os habituais como aqueles que queren unha comida tradicional diferente.

Horas de apertura

Lunes

14:00–16:00, 20:30–24:00

Martes

14:00–16:00, 20:30–24:00

Miércoles

14:00–16:00, 20:30–24:00

Jueves

14:00–16:00, 20:30–24:00

Viernes

14:00–16:00, 20:30–24:00

Sábado

14:00–16:00, 20:30–24:00

Domingo

cerrado

Contactar con el propietario